ESCENARIO
A Lei do 30/2007 de Contratos do Sector Público establece que a partires do pasado 1 de agosto todas as grandes empresas, aquelas que non podan presentar conta de resultados abreviada, están na obriga de utilizar a factura electrónica na súa relación coa administración pública española. A data de comezo para o resto de empresas será o 30/10/2010. Dita obriga en realidade abrangue a ámbalas dúas partes da relación xa que se ben as empresas deberán estar en disposición de emitir de xeito electrónico as súas facturas, tamén a administración deberá ser quen de recepcionar e procesar ditas facturas.
PORTAIS DE PROVEDORES
Para facilitar ambolos casos instalamos portais de recepción, nos que os provedores podan xerar e presentar as súas facturas de maneira cómoda e segura. O organismo ou empresa propietaria do portal será sempre o cliente que terá por destino todas as facturas emitidas dende o portal, o que lle capacita para adaptalo ás súas necesidades: identificación dos provedores, regras de negocio, tipo de integración das facturas, etc. Deste xeito resólvese o dispoñer dun punto de entrada das facturas e, á súa vez, permítese aos provedores pequenos que non teñen capacidade para operar deste xeito, o feito de seguir traballando coa administración ou empresa cliente.
PORTAIS DE EMISIÓN
Doutra banda dispoñemos de portais de emisión para xestionar a totalidade do proceso de facturación.
Neste caso os clientes accederán ao portal para consultar as súas facturas, descargalas e indicar a súa aceptación ou rexeitamento para continuar co ciclo de vida das mesmas.
Totalmente configurables para se adaptar ás necesidades particulares de cada organización.
Neste caso os clientes accederán ao portal para consultar as súas facturas, descargalas e indicar a súa aceptación ou rexeitamento para continuar co ciclo de vida das mesmas.
Totalmente configurables para se adaptar ás necesidades particulares de cada organización.
PERSONALIZACIZACIÓN
- Aspecto do portal personalizado co logotipo e imaxe da empresa.
- Visualización de facturas co mesmo aspecto que no papel.
- Integración cos sistemas receptores e/ou emisores, habitualmente mediante FTP seguro e Servizos Web.
- Transformación dos formatos do ERP da empresa ao formato Facturae ou UBL.
- Troco de estados das facturas co ERP da empresa.
- Servizo SaaS ou instalación nos propios sistemas da empresa.

